facetas

15 resultados

Bouza-Brey, Fermín, 1901-1973

(Ponteareas, Pontevedra, Galicia, España, 1901 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1973)

Foi un xurista e escritor galego. En 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Coa súa obra Nao senlleira iniciou a corrente neotrobadorista da literatura galega. Realizou abondosos estudos, especialmente sobre arqueoloxía e etnograf...

Artigos da revista nos que participa 67 [Ver]

Cabada Vázquez, Xosé Manuel, 1901-1936

(Codeseda, A Estrada, España, 1901 - Linares, Xaén, Andalucía, España, 1936)

Poeta e político galeguista. Estudiou a carreira eclesiástica no Seminario Conciliar de Santiago. Licenciado en Teoloxía, Dereito Canónico, Maxisterio e Filosofía e Letras. Colaborador xornalístico. Poeta e escritor de prosa. Exerceu como mestre.

Artigos da revista nos que participa 4 [Ver]

Cabeza de León, Salvador, 1864-1934

(Betanzos, Galicia, España, 1864 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1934)

Salvador Cabeza de León, nado en Betanzos o 4 de febreiro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1934, foi un destacado galeguista, profesor e político galego.
Galipedia

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Castro González, Manuel de, 1886-1944

(Vigo, Galicia, España, 1886 - Vigo, Galicia, España, 1944)

Foi un cronista, directivo e árbitro deportivo galego. Está considerado á súa vez como o precursor da fusión entre o Real Club Fortuna de Vigo e o Real Vigo Sporting Club que en 1923 daría orixe ao Club Celta.
No mundo do fútbol ocupou diverso...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Cidade, Hernâni, 1887-1975

(Redondo, Portugal, 1887 - Évora, Portugal, 1975)

Foi un xornalista, crítico literario, ensaísta, historiador e profesor universitario portugués. Wikipedia

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Garcés, Tomàs, 1901-1993

(Barcelona, Cataluña, España, 1901 - Barcelona, Cataluña, España, 1993)

Foi un avogado, poeta e profesor universitario de Cataluña.
Estudou Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Barcelona. En 1922, iniciouse como crítico literario, na publicación "A Publicitat". Durante os anos trinta, foi membro do consello de redacción da revista "Quaderns de poesia", ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

García Paz, Manuel, 1895-1990

(Santiago de Compostela, Galicia, España, 1895 - Pozoblanco, Córdoba, España, 1990)

Foi un escritor e latinista e catedrático de instituto galego.
Aínda novo marchou a Vigo onde traballou de aprendiz primeiro en Faro de Vigo e despois na imprenta La Nueva Prensa de Enrique Heraclio Botana. Iniciou a carreira eclesiástica, que abandonou para estudar Filosofía e Letras na Unive...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Gómez Ledo, Avelino, 1893-1977

(Chantada, Lugo, Galicia, España, 1893 - Chantada, Lugo, Galicia, España, 1977)

Foi un escritor, tradutor e sacerdote galego.
Trasladouse a Madrid antes dos catorce anos. E cursou a carreira eclesiástica no Seminario de Madrid-Alcalá. Continuou os estudos na Universidade Pontificia de Santiago. Exerceu como párroco en varias parroquias de Madrid. Cando xubilou aos 78 anos...

Artigos da revista nos que participa 8 [Ver]

Iglesia Alvariño, Aquilino, 1909-1961

(Abadín, Lugo, Galicia, España, 1909 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1961)

Foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Formouse no Seminario de Mondoñedo, mais en 1931 abandonou a carreira eclesiástica ao nono acadar unha bolsa para continuar estudos en Roma. Logo de facer o servizo militar en...

Artigos da revista nos que participa 11 [Ver]

Lesteiro, M., 1907-1999

(Pontevedra, Galicia, España, 1907 - Pontevedra, Galicia, España, 1999)

Foi un lingüista, estenógrafo, intelectual galeguista e profesor catedrático de Taquigrafía, inventor da taquideografía, o sistema máis veloz de escritura coñecido.
Recibiu unha educación bilingüe en inglés e francés de...

Artigos da revista nos que participa 2 [Ver]